DEITADO FRENTE � MAR...
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, al� do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
� ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen ra�ces
que � p�r a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos ab�s que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mari�eiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo pr�s soberbios,
non falo pr�s ru�ns e poderosos,
non falo pr�s finchados,
non falo pr�s estupidos,
non falo pr�s valeiros,
que falo pr�s que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cot�o;
pr�s que s�an e choran
un pranto coti�n de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos n�os.
Eu non podo arredar as mi�as verbas de
t�dolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra mi�a,
berce da mi�a estirpe,
Galicia, doce m�goa das Espa�as,
deitada rente � mar, ise cami�o...
CELSO EMILIO FERREIRO